Quen
Somos
Granxa A Curiscada
Curiscada, é unha granxa gandeira, familiar e ecolóxica. Curiscada ¡é o meu fogar! O nome débello ao propio lugar no que está situada: un lugar máxico, preto do camiño de Santiago e pertencente á parroquia de Burres (Concello de Arzúa).
A escasos metros da granxa dispoño dunha casa de turismo rural, o que xustifica aínda máis se cabe a miña atracción pola terra, polo entorno, polos animais. E oxalá esta paixón polo noso e polo traballo ben feito a poida transmitir de xeración en xeración, pois orgullosa estou de ser labrega e orgullosa estou de ser galega.
A conversión a ecolóxico
A conversión a ecolóxico ven sempre acompañada dun período de adaptación, é dicir, dun tempo para adecuar a granxa a nova normativa. Os principais cambios durante a modificación afectaron ás vacas, aos prados e ao leite e con eles conseguín:
Manter as vacas en pastoreo pois en realidade xa sempre foi o método utilizado.
Ter uns prados libres de produtos e abonos químicos empregando na actualidade como único fertilizante o purín, xerado polas propias vacas na granxa.
Ter un leite máis san, máis natural, cunhas calidades nutritivas máis altas e por enriba, riquísimo.