A nosa
Granxa
Almacen de comida
Para garantir a alimentación das vacas necesito aproveitar os momentos de aumento vexetativo para encher a despensa de forraxes.
Dende sempre cultivo millo e herba verde para o ensilado e tamén herba seca que recollo mediante o método do enrolado. E é, con este menú ecolóxico exento de herbicidas, pesticidas e fertilizantes químicos co cal consigo acadar uns valores nutritivos óptimos que manteñen ao meu gando san e en forma.
Bebedeiros para as vacas
A situación privilexiada dos pastos permítelle ás vacas beber, en ocasións, en ribeiras fluviais asegurando a inxesta dunha auga fresca e potable. Así mesmo, tamén apoio con bebedeiros artificiais para que incluso nas épocas máis secas, beban todo o que precisan.