As nosas
Vacas
Vacas libres, Vacas felices
O trono en Curiscada está ocupado por 50 raíñas. Todas elas frisonas agás catro que se coaron da raza vermella sueca. O agarimo e mimos que reciben non entenden de diferenzas.
Durante o día, todas saen ao pasto para rascarse nas árbores e descansar, todas se alimentan do pasto ecolóxico e por suposto, todas viven inmensamente felices grazas ao seu estilo de vida.
Durante a noite, dormen ao aire libre evitando sempre as noites máis frías e xélidas nas que quedarían no establo.
Todas as nosas vacas teñen nome
¡Sí, sí! Cando unha vaca escoita o seu nome, a súa felicidade interior actívase. Como lles gusta escoitar ¡Moura vén! ou ¡Danesa toma!
O que non saben elas é o empeño que empregan os hóspedes da casa rural que rexento para decantarse por un ou outro nome. Poden pasar horas ata que chega a elección final do nome que as miñas raíñas lucirán nun pendente xunto co número de crotal obrigatorio para sempre.
Rotación de pastos
A estancia diaria das vacas nos prados obrígame a traballar co pastoreo rotacional. Isto suponme establecer datas para o cambio dos animais de pradeira e así evitar o deterioro acelerado das mesmas.
Ademais, ás vacas encántalles este método xa que lle garante a renovación dos prados e unha herba sempre verde e fresca coa que saciar o apetito.